miércoles, 10 de abril de 2024

Cronica

Outro domingo mais os de Paso Miúdo saimos a facer a nosa acostumbrada ruta de cada mes

Estamos na Terra Cha, unha comarca chan como indica o seu nome e cunca hidrográfica do río Miño. A ruta que presentamos na súa maior parte recorre sendas de pescadores a carón do río Trimaz. Sendas moi agradables, estreitiñas e onde domina a vexetación de ribeira serán o prato forte da xornada, pero tamén atravesaremos unha fermosa carballeira e camiños rurais por toda a aldea de Cabreiros.

E Cabreiros é o noso punto de inicio, concretamente o lugar de Chao. A carón dos restos de unha antiga igrexa, da que hoxe tan só se manteñen uns arcos formando unha praza iniciamos a ruta.

Nos decidimos facela o revés do que indica o cartel informativo polo que tivemos mais de unha equivocación na ruta pois neste sentido está pouco sinalizada. Recorremos uns primeiros metros de pista rural asfaltada, coa sorpresa de algún mastín que coidaba tanto do gando como da entrada das casas.

Subimos cara a aldea de Vilacide cruzando o Monte do Espiño desde onde ao lonxe podemos ver as chimineas das Pontes, aínda que no ascenso tivemos que transitar por unha zona desbrozada e anegada de auga que relentizaba bastante o paso.

Cruzamos a aldea e sguimos ata Castro que conserva os vestixios da Xermade galaico-romana por proceder a súa construción da primeira época romana, cando a partir da invasión cambiaron os hábitos tradicionais dos habitantes dos castros en altura para baixar a cotas mais levadeiras e próximos a zonas aptas para o cultivo e o traballo da terra, iniciándose na agricultura e no cuidado de animais domesticados.

Seguimos voa nosa camiñata e chegamos ata a Fonte da Santa Mariña onde según conta a lenda foi martirizada a Santa brotando tres manantiais onde caeu a súa cabeza ó ser decapitada.

Cruzamos as Fragas do San Vitorio ou Carballosa e o rego das Caxigas ata chegar o Muiño do Ferreiro, que ademais do muiño conserva unha antiga moa.

Seguimos o curso do río e chegamos a derivación que nos levaría ata Pena chaiña pero como xa perderamos bastante tempo nas desviación que por falta de sinais tivemos que facer, decidimos non facer este bucle e seguir o Rio Trimaz dirección a O Chao.

Pasamos pola Ponte e Presa dos Carregas, Portonovo, ata chegar o Muiño da Madeira que estaba rehabilitado pasamos por debaixo da Autovía AG-64 Ferrol – Vilalba e chegamos ata a Ponte de Isabel II, construida en tempo da Raiña, hacia o ano 1.863, para salvar o río ó paso da Estrada Rábade –Ferrol.

Bordeamos o río desprazándonos río abaixo pola marxe dereita entre vexetación autóctona ata chegar a Área recreativa da Acea, cruzamos a ponte do mesmo nome onde un xabarín nos espera para darnos a benvida e chegamos de novo O Chao onde nos despedimos ata o seguinte ruta que será a Ruta Arqueolóxica do Acevedo en Martul ( Outeiro de Rei)





Powered by Wikiloc